UGT reprocha "mala fe" á Xunta no traslado de funcionarios

|

Juzgadosmercantilcorunha

A solución, mesas máis pequenas.

A sección de Xustiza de UGT denunciou problemas de espazo nas novas dependencias dos xulgados do Mercantil e do Contencioso na Coruña, tras o seu traslado ás instalacións que antes ocupaban seccións da Audiencia Provincial.


Nun comunicado, lembra que en xullo presentou denuncia ante a Inspección de traballo pola "insuficiencia de espazo e seguridade" nestas oficinas. En concreto, precisa que "de 350 metros cadrados para 10 funcionarios pasouse a 150 metros cadrados".


Tamén lembra que, tras esta denuncia, por parte da Inspección de Traballo requiriuse á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza "para que antes do día 20 de outubro se fixesen as actuacións necesarias para adecuar os espazos e locais á lexislación vixente en materia de seguridade e saúde no traballo".


A SOLUCIÓN, MESAS MÁIS PEQUENAS


"Á poucos días de cumprirse o prazo, cunha evidente mala fe e con intención de burlar os termos nos que se debería cumprir o requirimento da Inspección, a Consellería tomou como única medida cambiar as mesas dos traballadores".


Ademais, sinala que o fixo "por outras de moito menor tamaño, calidade e que nin tan sequera teñen portateclados, e, nalgúns casos, sacar e cambiar armarios". Por este motivo, explica que presentaron unha ampliación da súa denuncia ante Inspección de Traballo.


relacionada O xulgado de cláusulas chan de Vigo, desbordado polas demandas
relacionada A Coruña, indignada coa "parálise" do Xulgado de Violencia de Xénero

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress