Galicia acumula no que vai de mes 235 incendios forestais, máis do dobre do agardado

Lugo e Ourense concentran a maioría de focos e a cifra é máis do dobre que a media do últimos cinco anos


|

Incendioministerio


Os incendios que estas semanas están a afectar sobre todo ás provincias de Ourense e Lugo so froito dunha "intensa actividade incendiaria" nos últimos días, segundo a Xunta.


Como dato, a Administración autonómica precisou que, no que vai de mes de outubro houbo en Galicia un total de 235 lumes (123 deles na provincia de Ourense). Esta cifra é "máis do dobre da rexistrada no mesmo período de 2016" e supera amplamente a media do últimos cinco anos nestas datas, que se sitúa nos 91 lumes.


Ademais, a maioría dos lumes rexístranse en horas nocturnas, cando os medios aéreos non poden operar, e en zonas de difícil acceso, que tamén dificultan o traballo do dispositivo en terra.


A Xunta quixo denunciar publicamente "o dano que os incendiarios están a causar" no patrimonio forestal galego, algo que "obriga a intensificar os labores de investigación, prevención e extinción dos lumes".


1.800 HECTÁREAS


Galicia rexistra uns quince incendios na mañá deste venres, entre activos e controlados, once deles na provincia de Ourense, tres na de Lugo e outro na de Pontevedra, que afectan a máis de 1.880 hectáreas de superficie.


Segundo a información actualizada ata as 10,30 horas deste venres pola Consellería do Medio Rural, no municipio ourensán de Vilariño de Conso localízanse catro incendios, dos cales tres están activos e outro estabilizado.


En concreto, na parroquia de Chaguazoso está activo desde as 16,59 horas do mércores un lume que queimou unhas 400 hectáreas. Mentres, en Sabuguido outro lume activo desde as 10,00 horas do xoves calcinou máis de 50 hectáreas. En Castiñeira outro incendio activo desde as 3,45 horas do xoves afecta a unhas 30 hectáreas e outro estabilizado en San Cristovo desde as 21,10 horas do xoves, a máis de 50.


Pola súa banda, no municipio ourensán de Manzaneda, permanece activo outro incendio que se iniciou ás 23,36 horas do xoves na parroquia de Paradela, que afecta a unhas 20 hectáreas.


PARQUE NATURAL


En Lobios (Ourense), segue controlado desde as 22,00 horas do xoves o lume que comezou o domingo pola noite na parroquia de Río Caldo e que afecta a unhas 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.


No mesmo municipio desde as 18,46 horas do xoves está controlado outro incendio iniciado ás 23,41 horas do domingo na mesma parroquia que queimou unhas 90 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia.


E o terceiro incendio na mesma zona segue controlado desde as 20,10 horas do martes 3 de outubro tras queimar unhas 51 hectáreas desde as 20,07 horas do día 2 e que afecta tamén ao mesmo parque natural.


Polo seu lado, está controlado desde as 23,41 horas do xoves o lume na parroquia de Requeixo, no municipio de Chadrexa de Queixa, que queimou unhas 20 hectáreas.


Así mesmo, quedou controlado ás 19,36 horas do xoves o segundo incendio neste municipio ourensán, na parroquia de Queixa, que arrasou unhas 33 hectáreas de monte raso.


Na provincia de Ourense hai outro incendio controlado desde as 21,55 horas do mércores na parroquia de Rebordechau en Vilar de Barrio, que afecta a unhas 125 hectáreas, das que cinco son de arboledo e o resto de monte raso.


Mentres, quedou extinguido desde as 22,12 horas do xoves o lume rexistrado na parroquia de Lobás no municipio do Carballiño (Ourense), tras queimar unhas 29,7 hectáreas.


PROVINCIA DE LUGO


Na provincia de Lugo, está activo desde as 7,27 horas do mércores un lume na parroquia de Meiraos no municipio de Folgoso do Courel que afecta a unhas 150 hectáreas.


Ademais, desde as 14,38 horas do xoves permanece activo outro incendio na parroquia de Esmeriz, no municipio de Chantada, que afecta a unhas 55 hectáreas.


Tamén nesta provincia, outro lume está activo desde as 22,10 horas do xoves na parroquia de Donís no termo municipal de Cervantes, onde arrasou máis de 50 hectáreas.


Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, permanece activo outro incendio desde as 20,15 horas na parroquia de Refoxos, no municipio de Silleda, que afecta a máis de 100 hectáreas.



relacionada Coa Baixa Limia e o Xurés aínda ardendo, os incendios forestais afectan tamén ao Courel
relacionada Os incendios forestais de Ourense calcinan centos de hectáreas desde o domingo
relacionada A Xunta chama a persoal sen experiencia contra incendios e deixa os seus traballadores na casa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE