Máis de 300 persoas fan balance de dous anos de 'gobernos do cambio'

|

Mac3coruna


A cidade da Coruña acolle desde este xoves e ata o 15 de outubro o encontro MAC3, 'Municipalismo, autogoberno e contrapoder', organizado pola Fundación dos Comúns, o Instituto DM e a Marea Atlántica e no que 300 persoas de organizacións e movementos sociais de todo Estado, e mesmo de países como Holanda, Inglaterra, Francia e Brasil, analizan os dous anos de movemento municipalista.


Os relatorios iniciais deste encontro serán presentadas por Emmanuel Rodríguez e Marisa Pérez, da Fundación dos Comúns; Jaime Palomera, da Hidra Cooperativa (Barcelona); Marta Arrizabalaga, de Katakrak (Iruña), Sergio Pons, de Zaragoza en Común, Juan Díaz Ramos, de Málaga Ahora, e Iago Martínez, da Marea Atlántica.


As actividades do Mac3 durante estes días repartiranse pola Coruña en varios lugares, de maneira deslocalizada. Haberá un total de 23 talleres e charlas, que se desenvolverán nos centros cívicos de Monte Alto e Cidade Vella, na librería O Fiandón, a Casa da Fariña e o local da Marea Atlántica. A clausura será o domingo ás 11,30, no Paraninfo da UDC.


A meta do Mac3 é reflexionar sobre o movemento municipalista de 2015, tras dous anos de gobernos do cambio en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia, Badalona, Oviedo, Iruña ou Cádiz, entre outras.


relacionada Xulio Ferreiro reprocha a Feijóo que faga política de "castigo" coas 'cidades do cambio'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress