Galicia defende ante a UE novas axudas á pesca para incorporar xente nova

A conselleira do Mar destaca a substitución xeracional e a coordinación entre rexións como necesidades de futuro para o sector.


|

Pesqueropesca


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu este xoves en Tallin a conveniencia dun novo fondo de financiamento pesqueiro que dea continuidade ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que se atopa en vigor.


Así, a conselleira destacou a necesidade de que este fondo conte cunha estrutura específica para a pesca, o marisqueo, a acuicultura e a transformación. O obxectivo é que os pescadores e acuicultores poidan adaptarse ás liñas marcadas por Europa.


En canto á estrutura deste futuro fondo, Rosa Quintana puxo de relevo a necesidade de que sexa e común para aquelas cuestións integrais que requiren de actuacións coordinadas entre Estados ou rexións.


Ademais, a conselleira citou as prioridades de Galicia para o novo fondo de financiamento. Entre elas, destacou destacou a substitución xeracional, baseando o apoio dos fondos a cuestións como a formación e a mellora da calidade de vida. Tamén nas facilidades para acceder ao sector, a través do apoio a aspectos como a compra de buques, especialmente na xente nova.


PROPOSTAS DE MELLORA


En relación aos aspectos para recuperar no futuro fondo, Rosa Quintana fixo fincapé na necesidade das axudas a empresas de alto volume de emprego ou facturación.


Para alcanzar os obxectivos de atención ao sector, a conselleira considerou o apoio público en forma de subvención como a mellor opción, debido a que garante o control do destino e aplicación sobre algo concreto, entre outras cuestións.


relacionada A pesca é a maior preocupación común entre Reino Unido e Galicia polo 'Brexit'
relacionada Galicia volverá representar a España na negociación das cotas pesqueiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE