Falece o piloto dun caza Eurofighter que se estrelou en Albacete tras o desfile

|

Eurofighteralbacete



O subdelegado do Goberno en Albacete, Aquilino Iniesta, e o Ministerio de Defensa confirmaron o falecemento do piloto do Eurofighter do Exército do Aire que se estrelou preto da base aérea de Los Llanos en Albacete cando regresaba tras participar no desfile militar do 12-O en Madrid.


O avión estrelouse preto da base aérea e ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros, unha UVI e un helicóptero sanitario.



Segundo testemuñas presenciais e a versión confirmada polo propio Ministerio de Defensa, o accidente produciuse cando varios avións facían manobras do aproximación ao aeroporto e unha das aeronaves se precipitou contra o chan. A causa do impacto orixinouse un incendio e unha gran fumareda. Os accesos á base de Los Llanos están cortados.


relacionada O desfile do 12 de outubro, menos austero e marcado polo desafío independentista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress