Coa Baixa Limia e o Xurés aínda ardendo, os incendios forestais afectan tamén ao Courel

|

Incendiohidroavion 1


A segunda semana de outubro está a ser catastrófica para importantes espazos naturais de Galicia, por culpa dos incendios forestais.


Desde o domingo supéranse as 1.200 hectáreas arrasadas, sobre todo nos lumes que afectan ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, pero tamén ao Courel, desde este mércores.


Co dispositivo de extinción desmantelado a final de setembro, uns oito incendios de máis de 20 hectáreas (dos que informa Medio Rural) están en distintas fases de extinción.


Continúan activos tres na provincia de Ourense. Un deles en Lobios, que leva unhas 90 hectáreas arrasadas desde o domingo na parroquia de Río Caldo. Outros dous en Vilariño de Conso, que empezaron onte e esta madrugada e queimaron xa 150 e 20 hectáreas, respectivamente.


O outro incendio activo atópase en Lugo, en Folgoso do Courel, que queimou unhas 150 hectáreas nun día.


En situación de estabilizados están un en Lobios, de 650 hectáreas que afecta o interior do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, e outro en Chandrexa de Queixa, que rolda as 50 hectáreas.


E controlados atópanse outro incendio no parque natural de 51 hectáreas de extensión e outro en Vilar de Barrio que chegou ás 80.


FEIJÓO ESQUIVA As CRÍTICAS


O presidente da Xunta rexeitou que o seu Executivo desmantelara o dispositivo contra incendios forestais, cuxo funcionamento defendeu, nun escenario no que, admitiu, o risco "é máximo", sobre todo nas zonas de interior. "E cada día que pasa con menos choiva e máis temperatura é peor", aseverou.


"Sempre facemos os operativos pensando onde hai máximas dificultades, e é nas zonas do interior de Galicia, sobre todo cara a Castela onde se dan agora e onde estamos a actuar", reivindicou, antes de apelar a "non equivocarse" de inimigo porque "a responsabilidade" debe ser "dos que acenden o lume", non de quen "o apaga".


relacionada Os incendios forestais de Ourense calcinan centos de hectáreas desde o domingo
relacionada Prisión provisional para o brigadista detido por prender lume reiteradamente no Xurés
relacionada A Xunta chama a persoal sen experiencia contra incendios e deixa os seus traballadores na casa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress