Wass ofrécese como lateral para cubrir a baixa de Roncaglia

|

Wasscelta


O Celta ten un problema no lateral dereito, por mor das lesións de Hugo Mallo e de Roncaglia, que estará de baixa unhas catro semanas por unha rotura no bíceps femoral.


Con todo, Unzué manexa varias posibilidades. Á posibilidade de probar cun xogador do filial ou poñer a Sergi Gómez, únese o ofrecemento de Wass para o posto.


O futbolista contou que, aínda que se sente máis cómodo no centro do campo, "díxenlle ao míster que se quere eu xogo como lateral, eu xogo para o meu equipo, non para min, e se o meu equipo queire que xogue de lateral, fareino".


Iso si, non desvelou se o adestrador recolleu o guante nin se xa o probou en adestramentos nese posto.


relacionada O Celta mantén paralizadas as posibles renovacións de Wass e Jonny
relacionada Daniel Wass leva catro meses agardando a chamada do Celta para renovar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress