Renfe reforza os trens Alvia entre Madrid e Galicia pola ponte do 12 de outubro

|

Talgotrenasientos


Renfe incrementará o número de prazas nos trens que cobren o traxecto entre Madrid e Galicia desde este mércores ata o vindeiro domingo con motivo da festividade do 12 de outubro.


Así, os servizos Alvia ata A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte de Lemos, Pontevedra, Vigo e Ourense verán incrementada a súa oferta diaria con máis de mil prazas adicionais, concreta o Ministerio de Fomento nun comunicado.


Doutra banda, Renfe vai levar a cabo, desde o día 9 e ata o 27 de outubro, unha colaboración comercial para incentivar os achegamentos en tren ata a 22 Edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense, co que a operadora participa desde hai cinco anos.


Esta colaboración, sinalan as mesmas fontes, "forma parte dunha aposta da compañía por achegar a cultura e favorecer os desprazamentos en tren". Así, aqueles viaxeiros que se decanten por este medio de transporte poderán acollerse á 'Tarifa de Feiras e Congresos' nas que se ofrece un 30 por cento de desconto sobre a xeral.


relacionada Renfe incorpora Lugo, Ourense e A Coruña á súa oferta de Trens Turísticos
relacionada Máis prazas de tren os venres e os domingos polo inicio do curso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress