Un ano de prisión para o home que lle deu unha patada no estómago a Jesús Vázquez

O agresor, que cumpre condena por outro delito, aceptou o acordo coa Fiscalía que evita o xuízo.


|

Agresorjesusvazquez


O home acusado de propinar unha patada no estómago do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a última campaña das eleccións xerais, aceptou un ano de prisión e unha multa de seis meses a razón de tres euros ao día por un delito de atentado contra a autoridade.


O xuízo previsto para este mércores na Audiencia Provincial de Ourense non se celebrou ao chegar ambas as partes a un acordo de conformidade, que rebaixa á metade a petición inicial da Fiscalía de dous anos e multa de sete euros ao día durante catro meses por atentado.


Ademais, o home enfrontábase a senllas multas de sete euros ao día durante tres meses por dous delitos de malos tratos ao rexedor e á muller que lle acompañaba no momento da agresión.


Finalmente, a Fiscalía retirou a petición por malos tratos debido a que tanto o rexedor como a muller que tamén foi agredida polo acusado renunciaron a que se lle xulgase por este delito.


De feito ningún dos dous presentouse este mércores na Audiencia. O alcalde enviou un escrito a Fiscalía no que insistía na súa intención de renunciar á acusación do seu agresor (non chegou a presentar acusación), que é un mozo coñecido na cidade pola súa adicción ás substancias estupefacientes.


O acusado chegou escoltado pola Policía procedente de prisión, onde cumpre condena por outro delito distinto. Tanto el como a súa defensa mostráronse conformes coa pena solicitada.


Os feitos tiveron lugar ás 18,30 horas do 24 de xuño do pasado ano, en plena campaña electoral. Segundo se recolle no escrito da Fiscalía, o acusado, J.M.D. abordou ao rexedor e á súa secretaria na Praza Maior chamándolle "fillo de puta, traidor e malnacido" e propinoulle unha patada no estómago á vez que lle dicía "oxalá morras".


Tamén agrediu á secretaria do alcalde, que acudira a socorrerlle, propinándolle un golpe na cadeira cun valo que estaba na praza con motivo das festas da cidade.


Desde un primeiro momento, e a pesar das recomendacións de varias persoas que se atopaban na zona, o alcalde descartou presentar unha denuncia ante a Policía. De feito seguiu coa súa axenda de actividades que rematou cunha intervención no mitin de Feijóo na cidade con motivo das eleccións xerais.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE