Incautadas 4.000 plantas de marihuana nunha nave industrial
O operativo antrdroga, dirixido desde Madrid, atopou a plantación no polígono de San Cibrao das Viñas.
A Policía Nacional detivo a tres cidadáns chineses na provincia de Ourense e dous en Madrid no marco dun operativo antidroga que se saldou cunhas 4.000 plantas de marihuana intervidas.
Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, está previsto que os tres detidos na provincia de Ourense pasen a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 1 da capital ourensá.
O operativo, dirixido pola Comisaría Xeral de Madrid, contou coa participación de varios grupos da Policía Nacional, así como coa colaboración de Vixilancia Aduaneira.
En concreto, no rexistro levado a cabo nunha nave no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) interviñéronse unhas 4.000 plantas de marihuana, mentres que no efectuado nunha casa no municipio ourensán de Leiro os axentes levaron documentación sobre alugueres, entre outra.
As mesmas fontes consultadas explicaron esta foi a terceira fase dunha operación realizada no ámbito estatal que, nesta ocasión, desenvolveuse en parte en Galicia.
Escribe o teu comentario