Os incendios forestais de Ourense calcinan centos de hectáreas desde o domingo

|

Incendiolobiosnoite


Dous incendios forestais permanecen activos na mañá deste mércores nos municipios ourensáns de Chandrexa de Queixa e Vilar de Barrio, segundo informa a Consellería do Medio Rural.


Uno dos lumes localízase na parroquia de Queixa, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa e supera as 20 hectáreas de superficie queimada.


O outro incendio activo rexístrase na parroquia de Rebordechau, en Vilar de Barrio, e afecta a unhas 50 hectáreas, concreta o departamento de Medio Rural.


MÁIS DE 400 HECTÁREAS DE PARQUE NATURAL


Ademais, os incendios que afectan ao parque natural do Xurés en Lobios queimaron unhas 440 hectáreas desde o pasado domingo, segundo os datos que achega a Consellería do Medio Rural da Xunta.


O incendio que empezou o domingo pola noite en Lobios na parroquia de Río Caldo queimou unhas 300 hectáreas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No lugar traballaron ata agora 10 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas, catro avións e cinco helicópteros e tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Outro lume na mesma parroquia, segundo as últimas estimacións, calcinou unhas 90 hectáreas, tamén dentro do parque natural. Os medios que traballaron por agora alí son 11 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, tres pas, cinco helicópteros e dous avións.


Baixo control está outro incendio desde as 20,10 horas do martes na mesma parroquia, afectando tamén ao Xurés. Empezou ás 20,07 horas do luns 2 de outubro e arrasou unhas 51 hectáreas. No seu control levan traballado 22 axentes, 73 brigadas, 25 motobombas, tres pas, nove helicópteros e dous avións.


relacionada Prisión provisional para o brigadista detido por prender lume reiteradamente no Xurés
relacionada A Xunta chama a persoal sen experiencia contra incendios e deixa os seus traballadores na casa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress