Caballero cre que o PP "está a buscar unha alternativa" a Elena Muñoz como candidata

O rexedor vigués interpreta así a enquisa que os populares están a facer entre os cidadáns sobre a súa presidenta local.


|

Elenamunhozvigo


O alcalde de Vigo afirmou este martes que o PP "está a buscar unha alternativa" a Elena Muñoz para a candidatura á alcaldía, tras constatar que o partido "está a facer unha enquisa" na cidade.


Segundo indicou, pregunta aos vigueses a súa valoración da propia Muñoz e doutras dúas políticas 'populares' da cidade: a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido; e a directora xeral de Administración Local da Xunta, Marta Fernández Tapias.


Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que o PP, ao preguntar na súa enquisa por estas dúas últimas mulleres, "está a poñer unha bomba na liña de flotación da súa presidenta en Vigo". "É que están a buscar unha alternativa a Muñoz para as municipais en Vigo? Parece que si, moito non a fortalecen", aseverou.


Caballero, ademais, afirmou que el non necesita enquisas para coñecer a opinión dos vigueses: "Xa lles digo eu o que opina a xente de Vigo, seino moi ben. Non necesito enquisas", ironizou.


relacionada O PP de Vigo replica a Caballero: "O único que boicotea a cidade é el"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE