Feijóo líbrase de comparecer na investigación do Congreso sobre o rescate e as caixas

En Marea acusa PP e PSOE de pactar o "veto". Yolanda Díaz manifestou a decepción ante as ausencias.


|

Fusioncaixas 1Feijóo celebra a fusión das caixas cos directivos.


A portavoz de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, acusou o Partido Popular e o PSOE de pactar o "veto" á comparecencia de Alberto Núñez Feijóo na comisión do Congreso que investiga a crise financeira para falar das caixas galegas.


"Quedamos decepcionadas tras o pacto do PP e o PSOE, que con absoluta conivencia impiden que Feijóo compareza na comisión par explicarnos que pasou coas caixas galegas", manifestou Yolanda Díaz en declaracións aos medios tras a celebración da comisión.


Ademais, na súa sesión deste martes, este órgano da Cámara baixa rexeitou chamar a comparecer aos presidentes dos grandes bancos e grandes construtoras.


Os ex presidentes do Goberno José María Aznar e José Luis Rodríguez Zapatero non acudirán tampouco a esta comisión, cumprindo o plan de PP e PSOE de limitar a un nivel inferior (ministros ou vicepresidentes), as comparecencias de altos cargos políticos.


"UN ESCÁNDALO", SEGUNDO GARZÓN


A negativa do PP para apoiar estas comparecencias solicitadas por Unidos Podemos e a abstención do PSOE e Ciudadans ante moitas delas foi criticada pola confluencia de esquerdas, que lamentou que a comisión "naza lastrada por ausencias tan destacadas" que, a xuízo do seu portavoz na comisión, Alberto Garzón, serían "impensables noutro país democrático". "Non por esperado deixa de ser un escándalo", espetou.


O seu homólogo no PP, Ramón Aguirre, defendeu que cre que a orixe da crise financeira radica na política crediticia deses anos, polo que considera que os que deben de dar explicacións son as autoridades das entidades financeiras e de supervisión.


A pesar de que foi acusado por parte de Unidos Podemos de bloquear certas comparecencias, Cs asegurou que non votou en contra de ningunha petición, e acusou á confluencia de esquerdas de buscar "un completo circo". Así mesmo, o seu portavoz na comisión, Toni Roldán, lembrou que "o saqueo" foi "dirixido polos partidos políticos" e a súa "deliberada incompetencia".


Pola súa banda, Pedro Saura, do PSOE, insistiu na necesidade de coñecer "todo o que sucedeu" durante aqueles anos, en delimitar responsabilidades políticas e en alcanzar unhas conclusións que permitan evitar unha repetición das causas que provocaron o desastre financeiro.


COMPARECENTES


Si que comparecerán ante a comisión os ministros de Economía durante as súas presidencias: os 'populares' Rodrigo Rato --que tamén acudirá como ex director xerente do Fondo Monetario Internacional e ex presidente de Bankia-- e o actual ministro Luis de Guindos, e os socialistas Pedro Solbes e Elena Salgado.


Tamén acudirán á comisión ex presidentes e ex conselleiros de caixas de aforro, así como conselleiros de gobernos autonómicos presentes nas institucións de crédito, o ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, e outros ex altos cargos da institución.


Así mesmo, a comisión tamén acordou a comparecencia de responsables das principais auditorías, encargadas de avalar as contas das institucións financeiras.


relacionada O Parlamento non coñecerá os detalles do retiro millonario de José Luis Méndez por confidencialidade
relacionada A comisión das caixas galegas segue sen plan de traballo "tres meses despois"
relacionada Feijóo reparte as culpas da caída das caixas entre banqueiros, políticos e o Banco de España
relacionada O Congreso investigará a crise financeira desde o ano 2000 ata a actualidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE