A exposición H2Oh! chega a Ourense tras o éxito de visitantes en Pontevedra e Santiago

|

H2ohourenseposioA mostra quedou inaugurada este martes. Foto: Viaqua

Os xardíns do Posío de Ourense recibiron este martes a exposición H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade, comisariada por Sergi Romero. Na súa presentación participaron o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e Julio Masid, director de Viaqua en Galicia, entidade que promove a exposición.


A mostra, que acumula máis de 16.000 visitantes no seu paso por Pontevedra e Santiago desde 2016, estrutúrase en tres grandes ámbitos:: «Auga, elixir da vida», «Auga na cidade» e «Auga sustentable».


RETOS DA AUGA POTABLE


No primeiro ámbito de introdución preséntanse, tal e como informan os organizadores nun comunicado, a importancia da auga líquida para a vida, pero tamén para o crecemento e o progreso humano. E é que "a historia da nosa civilización vai estreitamente ligada aos esforzos para provernos de auga doce, un recurso prezado e menos abundante do que podería parecer a primeira ollada".


A segunda parte, profunda no "gran reto" que supón abastecer unha cidade de auga potable e o seu retorno ao medio natural. Nesta etapa, en paralelo á exposición, produciuse un xogo en liña que permite a calquera persoa converterse en xestor da auga nunha cidade imaxinaria, cunha mecánica similar ao famoso SimCity.


O terceiro e último ámbito presenta os retos que o século XXI exponnos en canto ao abastecemento de auga potable na contorna urbana, onde cada vez se concentra máis a poboación. Ademais, mostra como o uso responsable da auga pode propiciar un futuro mellor para todos.


DATAS E HORARIOS


A mostra H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade estará instalada no Xardín do Posío ata o 9 de novembro. Pódese visitar de luns a venres, de 12.30 a 14 e de 17 a 21. Os sábados, domingos e festivos, o horario amplíase desde as 11 da mañá.


Tamén existe a posibilidade de visitas escolares e de visitas guiadas, para as que é necesario cita previa e das que se encarga a Obra Social La Caixa.


relacionada A exposición 'H2OH!, os segredos da auga da túa cidade' instálase na Alameda de Santiago
relacionada La Caixa e Viaqua levan a Santiago a exposición 'H2Oh! Os secretos da auga da túa cidade'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress