Nin os peiraos de Calvo Sotelo e Batería nin a Solana están en venda

Feijóo non se pronuncia sobre a proposta dun consorcio integrado por distintas institucións para xestionar o bordo litoral.


|

FeijoopuertosJosé Llorca e Feijóo.

O presidente da Xunta e o seu homólogo de Portos do Estado, José Llorca, acordaron non poñer á venda os peiraos coruñeses de Calvo Sotelo e Batería, así como a zona da Solana, segundo informou o titular do Executivo galego tras unha reunión na Delegación Territorial da Xunta.


Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, tras o encontro con Llorca, asegurou que o obxectivo é "compatibilizar a actividade portuaria co aproveitamento dos veciños" e facelo "sen poñer en cuestión a viabilidade financeira da Autoridade Portuaria e o Porto Exterior".


Ademais, recalcou que o acordo alcanzado con Portos do Estado supón "un punto de encontro que sitúa a solución definitiva".


En concreto esta pasa porque os terreos da Solana se manteñan como propiedade da Autoridade Portuaria, mentres que os peiraos do porto interior, de Calvo Sotelo e Batería, manterán o seu uso público.


A POXA O HOTEL FINISTERRE


"Ao quedar liberados de actividade portuaria, poderán dedicarse a facer máis cidade", recalcou Feijóo. Con iso, segundo explicou non se "enaxenarán en poxa", como si se fará co Hotel Finisterre. Iso implicará, segundo precisou, que non se edifique neses peiraos.


Mentres, sobre a posibilidade de crear un consorcio integrado por distintas institucións para xestionar o bordo litoral coruñés, como expuxo o Concello da Coruña, Feijóo apuntou que "o futuro non está escrito" sen rexeitar ou apoiar esta opción.


relacionada Xulio Ferreiro planea unha consulta cidadá coma a de Carmena
relacionada Dúas mortes nun mes fan saltar as alarmas de seguridade da Mariña coruñesa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE