As reservas de auga nos encoros galegos continúan a súa caída sen respiro desde abril

A tendencia mantense continuada desde mediados de abril, cando os encoros estaban uns 25 puntos por encima do nivel actual.


|

Sequiatierra


A reserva de auga dos encoros de Miño-Sil e Galicia Costa continúa coa súa caída e rolda o 46% da súa capacidade, tras perder outros 40 hectómetros cúbicos de auga con respecto á semana pasada.


Así figura nos datos que publica este martes o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, onde se observa que a reserva hidráulica galega conta con 1.607 hectómetros cúbicos de auga, o que supón 40 menos que os 1.647 hectómetros cúbicos da semana pasada.


En concreto, os encoros da conca Miño-Sil teñen 1.256 hectómetros cúbicos de auga, 24 menos que os 1.280 da semana anterior. Pola súa banda, nos de Galicia Costa hai 351 hectómetros, 16 menos que os 367 de fai sete días.


Todos os valores atópanse significativamente por baixo dos datos de hai un ano e da media dos últimos 10 anos. En porcentaxe, Miño-Sil está ao 41,5% da súa capacidade e Galicia Costa ao 51,3%.


CAÍDA DESDE ABRIL


A tendencia mantense continuada desde mediados de abril, cando as reservas de auga repuntaron minimamente o a demarcación Miño Sil e Galicia Costa. Naquel momento, mantíñanse ao 67 e ao 74% da súa capacidade, uns 25 puntos por encima do nivel actual en ambos os casos.


relacionada Viaqua logra reducir os enganches fraudulentos en Galicia en pleno contexto de seca
relacionada Activada a alerta por seca en media Galicia, sen "efectos inmediatos sobre a cidadanía"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE