España supera a Israel e queda pendente de ser ou non cabeza de serie

|

SeleccionvestuarioOs xogadores, no vestiario. Foto: @aspas10

A Selección Española pechou a clasificación a Rusia 2018 cunha nova vitoria, esta vez ante Israel, por 0-1 nun partido sen transcendencia.


Lopetegui saíu co equipo suplente para que todos puidesen gozar de minutos. A 'Roja' mantivo a posesión e tocou con folgura, pero faltou pólvora arriba, pois Aduriz estaba moi só na dianteira e tiña que baixar para tocar balón.


Na media parte, vendo a falta de gol, o seleccionador cambiou a Ramos por Aspas, deixando así unha defensa de tres xogadores para poder xogar moito máis ao ataque.


O cambio clave, con todo, foi a entrada de Isco. Asensio tentouno durante todo o partido, pero Aduriz non tivo o día. Con todo, o andaluz saíu como líder e empezou a distribuír o xogo.


O gol, sorprendentemente, chegou a mans de Illarramendi, cun gol moi vistoso desde fóra da área.


Ao terminar o encontro, o seleccionador deixou claro que o obxectivo está cumprido. "Sempre queremos gañar, á marxe de que haxa un obxectivo coma este. Se me dis que prefiro, dígoche que cabeza de serie. Pero sexamos ou non será un grupo complicadísimo e teremos que afrontar cada encontro coma se fose o último. Fixemos méritos para estar no Mundial e ser cabeza de serie xa non depende de nós", manifestou Lopetegui.


relacionada España busca en Israel ser cabeza de serie

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress