A Deputación de Pontevedra dedica a programación cultural do 2018 á lingua galega

A primeira primeira cita para poñer en valor os programas de promoción do galego será o Culturgal, a principios de decembro.


|

Culturgal


O deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, anunciou este luns nunha reunión cos concellos da provincia que o 2018 será "o Ano da lingua" no que a primeira cita para poñer en valor os programas de promoción do galego será a próxima edición do Culturgal, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra entre os días 1 e 3 de decembro.


Do mesmo xeito que nos anos anteriores, a Deputación de Pontevedra volverá poñer a disposición dos municipios da provincia o seu posto institucional, nesta ocasión para difundir as súas iniciativas e programas relativos á promoción da lingua.


O posto institucional da Deputación, que funciona como unha "praza", contará cunha zona de mostrador para expoñer materiais impresos, unha zona para proxección de audiovisuais, outra zona para publicacións, e un espazo para realizar "micropresentacións de 5 minutos cada unha" de iniciativas culturais por parte dos concellos, explicou.


En 2015 foron 33 os municipios participantes, que aumentaron a 35 no ano 2016. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, Xosé Leal fixo especial fincapé en que quedarán excluídos do posto institucional os eventos e citas relacionadas coa gastronomía e as ofertas e guías turísticas, por non axustarse aos obxectivos da feira.


Xosé Leal tamén indicou que para o 2018 introducirán "algunhas novidades" no apoio económico que se presta aos concellos desde o ente provincial para que sigan desenvolvendo accións encamiñadas a dinamizar o galego.


O deputado tamén explicou que se aproveitarán cuestións como que o Día das Letras Galegas estea dedicado á escritora María Vitoria Moreno, para potenciar o uso do galego nun dos sectores onde ten máis problemas á hora de entrar, como é o público infantil e xuvenil.


relacionada Galicia logra representación na rede europea de linguas minoritarias
relacionada As redes sociais móstranse como aliadas das linguas minoritarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE