Turismo rexeita debater a taxa que reclama o goberno da capital

|

Navacastro 1Nava Castro nega "problemas de saturación".

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirma que, cando se traslade, estudarase o informe do catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago (USC) Luís Caramés que apoia a implantación dunha taxa turística en Compostela, aínda que sostén que a súa opinión é que "nestes momentos, con datos estatísticos e comparados, non se debe poñer".


En declaracións á prensa este luns antes de participar no Consello Galego de Turismo, Nava Castro asegura que non se pode propor unha taxa turística porque haxa "problemas de saturación" cando Santiago "ten 7.600 prazas" e Barcelona, "porque é co que se compara, ten 76.000 prazas".


Así, Castro mostrouse partidaria da "redistribución de fluxos" para que "durante 365 días do ano sigan vindo turistas e non que se acumulen todos o 15 de agosto, por exemplo", para o que ve necesario "traballar conxuntamente".


Esa "redistribución de fluxos" tamén pasa por fomentar outros lugares da capital de Galicia, "non só a Praza do Obradoiro". "Por que ten que centrarse todo na Praza do Obradorio se Santiago de Compostela é moitísimo maior e temos tamén toda a comarca?", agrega.


Ademais, asevera que "o Concello ten a competencia de poñer unha taxa que non sexa autonómica". Con todo, sinala que o sector "será quen de pronunciarse", e "se formula esa taxa turística sempre tería que ser en favor do sector, para mellorar infraestruturas e comunicacións".


MÁIS DE 4.500 VIVENDAS TURÍSTICAS


Nesta reunión tamén se abordou o comportamento do decreto de vivendas de uso turístico, do que Nava Castro fai un "balance positivo".


Así, van "máis de 4.500 vivendas dadas de alta", aínda que considera que debe haber "máis información" na provincia de Ourense, pois é onde menos apartamentos deste tipo hai.


"Con todo, turisticamente pode ser un complemento perfecto para aquelas zonas onde teñen establecementos balnearios pero non prazas hostaleiras e que poden completar", di sobre a provincia de Ourense, onde aposta por "envorcarse" este ano no seu fomento.


relacionada Noriega di que a taxa turística "é un debate que chegou para quedar"
relacionada Unha taxa turística deixaría un millón de euros de beneficio cada ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress