Galicia, Asturias e Castela e León reclaman a integración no Corredor Atlántico

Os tres gobernos autonómicos anuncian un acto conxunto para que se reforce a conexión ferroviaria dos portos


|

Mercanciascamionestransporte


Os gobernos das comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León protagonizarán este luns un acto conxunto para reclamar a integración do noroeste peninsular no Corredor Atlántico de Transporte de Mercadorías.


O encontro terá lugar este 9 de outubro en Santiago e estarán presentes os titulares de Infraestruturas e Fomento dos gobernos autonómicos galego, cántabro e castelán leonés; Éthel Vázquez, Fernando Lastra e Juan Carlos Sánchez-Quiñones.


Así, os representantes das tres comunidades asinarán na Cidade da Cultura unha declaración institucional de apoio e impulso á incorporación do noroeste ao Corredor Atlántico, segundo informou a Xunta nun comunicado.


Galicia, Asturias e Castela e León pedirán formar parte do Corredor Atlántico "pola súa rendibilidade económica e social e o seu potencial de futuro". Ademais de representantes políticos, no acto tamén estarán presentes personalidades do mundo social e empresarial.


A declaración ten como obxectivo que a redefinición do trazado do Corredor prevista para o ano 2018 sirva para "reforzar a competitividade loxística das tres autonomías" e priorizar a conexión ferroviaria do seu actual trazado español cos portos de Vigo, A Coruña, Avilés e Xixón a través de Palencia e León.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE