Os montes de Ourense son os peor parados desde o final do verán

En dúas semanas acumulan máis de 600 hectáreas arrasadas e varias poboacións ameazadas polo lume.


|

BrigadaincendiobatelumeBombeiros forestais loitando contra o lume.


Desde o inicio do outono, os montes de Ourense son os máis afectados por incendios forestais. De feito, segundo a información da Xunta, que non comunica os lumes que non chegan a 20 hectáreas, é a única provincia que sofre aínda incendios.


Nestas dúas semanas acumulan máis de 600 hectáreas arrasadas e tres poboacións ameazadas polas chamas. Este mesmo sábado, un incendio achegouse ao Parador de Verín, aínda que quedou controlado nunha extensión de 2,3 hectáreas. Pero esta semana outro lume achegouse a unha aldea de Lobios e a finais de setembro decretouse a 'Situación 2' en Viana do Bolo.


Este domingo pola mañá, segue estabilizaro un incendio que afecta desde o venres ao municipio de Vilariño de Conso e que segundo as últimas estimacións de Medio Rural afecta a máis de 65 hectáreas.


Nas tarefas de extinción participaron cinco axentes, 22 motobombas, unha motobomba, dúas pas e medios aéreos.


relacionada As chamas ameazaron casas en Lobios, onde outro incendio leva cinco días sen extinguir
relacionada Medio Rural cesa centos de efectivos antiincendios sen acabar a campaña de alto risco
relacionada Un incendio que obrigou a desaloxar unha aldea en Viana do Bolo superou as 360 hectáreas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE