Rajoy esixe "rectificacións" para evitar medidas "drásticas" en Cataluña

|

Rajoymano


O presidente do Goberno asegurou que non descarta aplicar o artigo 155 da Constitución española en absoluto, pero que antes de aplicar medidas coma esta ou o estado de excepción terá que falar, segundo se vaian producindo os acontecementos en Cataluña, con outras forzas políticas.


"Eu non descarto absolutamente nada do que di a lei. O que teño que facelo é ao seu tempo, que é o máis importante neste momento. O ideal sería que non houbese que tomar solucións drásticas, pero para iso terían que producirse rectificacións", contestou Rajoy nunha entrevista con El País ao ser preguntado por se o Executivo aplicará o dito artigo ante a ameaza de declaración unilateral de independencia (DUI) do presidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puidgemont.


"Corresponde ao Goberno tomar a decisión e facelo no momento concreto. Oímos a moita xente. Creo que sabemos o que pensan os españois. E deben saber que o Goberno tamén coñece o que ten que facer", subliñou.


Segue lendo en Catalunyapress.


relacionada O TC suspende o pleno do parlamento catalán do luns a petición do PSC
relacionada Suíza non se ofreceu a España para mediar na crise catalá, pero "está en contacto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress