Caixabank elixe Valencia para levar o seu domicilio social ante a inseguridade xurídica catalá

A decisión garante as condicións de financiamento da entidade, manter o fluxo de crédito e preservar os depósitos dos clientes.


|

Caixabanklogo


O consello de administración de Caixabank acordou este venres en sesión extraordinaria tomar as medidas necesarias para trasladar o seu domicilio social, situado en Barcelona, a Valencia, ante un clima inseguridade xurídica que está a provocar a saída de numerosas empresas de Cataluña.


A entidade toma esta decisión "co obxectivo de salvagardar plenamente a seguridade xurídica e regulatoria consustancial ao exercicio da súa actividade". Ademais, o banco busca protexer os intereses dos clientes, accionistas e empregados, garantindo en todo momento a permanencia da entidade, na zona euro e baixo a supervisión do Banco Central Europeo (BCE).


Esta circunstancia garante á entidade "seguir contando con óptimas condicións de financiamento" para "manter o fluxo de crédito a familias e empresas en Cataluña e no resto de España", así como "preservar a integridade dos depósitos dos seus clientes", segundo informa nunha nota.


Segue lendo en Catalunyapress.


relacionada Gas Natural Fenosa decide trasladar a sede social a Madrid, aínda que pensou en Galicia
relacionada Banco Sabadell saca de Cataluña o seu domicilio social, pero non contemplou a Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE