Carmela Silva, aberta "a estudar os pros e os contras" dunha taxa turística

En total, visitaron a provincia de Pontevedra medio millón de persoas durante o verán.


|

Carmelasilvapontevedradeputacion


A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse este venres disposta a estudar a implantación dunha taxa turística como a que analizan noutros destinos. "Estamos abertos a estudar os pros e os contras", afirmou.


Carmela Silva considera que, do mesmo xeito que os sectores económicos van cambiando, as propostas da administracións teñen que ir adaptándose ás novas circunstancias e incidiu en que hai moitos lugares nos que se está aplicando xa este tipo de taxa e "non influíu de maneira negativa no turismo".


Con todo, puntualizou que "é un debate que hai que abrir no Estado español e en Galicia", isto é, de maneira global, pois as decisións estruturais que se toman só nun territorio "poden influír incluso negativamente no territorio que as toman por falta de competitividade".


RESULTADOS DE SETEMBRO


Ademais, Carmela Silva informou dos datos de Turismo Rías Baixas que confirman que o mes de setembro pechou cunha ocupación hostaleira media provincial do 73,4%, moi superior á estimación e dous puntos máis que o rexistrado en setembro de 2016, cando a porcentaxe situouse en preto do 72%.


E, como dato significativo, a presidenta provincial deu a coñecer que o 68% das persoas que visitaron o destino Rías Baixas non o coñecían.


Silva informou que en total, visitaron a provincia de Pontevedra medio millón de persoas durante o verán. "Polo que, se temos en conta que a provincia ten 900.000 habitantes, estamos a falar de 1,4 millóns de persoas nas Rías Baixas o que supón un enorme esforzo e unha cuestión para ter tamén en conta á hora de facer planificación turística", concluíu.


relacionada Noriega di que a taxa turística "é un debate que chegou para quedar"
relacionada Unha taxa turística deixaría un millón de euros de beneficio cada ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE