Lucas Pérez lesiónase no cuádriceps e pode estar ata tres semanas de baixa

|

LucasperezriazorpartidoLucas Pérez, durante un partido. Foto: RC Deportivo

Un dos xogadores máis determinantes deste Dépor, Lucas Pérez, sofre un contratempo para rematar de coller o ritmo que non puido alcanzar en pretemporada.


E é que o dianteiro sofre dores no cuádriceps que, a falta de que as probas médicas confirmen o alcance da lesión, pode apartalo ata tres semanas da competición.


Por tanto, é seria dúbida para o partido contra o Éibar, que deixará a Pepe Mel a Andone como posibilidade para encabezar o ataque.


Doutra banda, Borja Valle atendeu este venres os medios, onde me mostrou satisfeito polos minutos aproveitados ante o Corinthians, ao anotar dous tantos.


Agradeceu, ademais, sentirse coa "confianza e o respaldo da entidade e do míster", a pesar de non gozar de minutos. Tamén manifestou que "o último que podo facer é renderme e baixar os brazos" e que unha saída en xaneiro "nin se me pasa pola cabeza".


E quixo lanzar unha mensaxe ao deportivismo. "Que ninguén dubide de que non se traballe ou de que non nos doe. Somos os maiores prexudicados. Pero, agora vimos dunha vitoria e veremos todo máis despexado", finalizou.



relacionada Lucas Pérez: "Quero dar vitorias, goles e alegrías á afección"
relacionada Lucas Pérez: "Non contemplaba outra opción que non fose o Deportivo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress