Ferreiro reprocha á Xunta "falta de compromiso" coa intermodal

A finais de agosto o Consistorio remitiu un informe á Consellería sobre o que dixo que non obtivo "resposta"


|

Ferreirorpcoru


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reprochou á Xunta "falta de compromiso" co proxecto da estación intermodal desta cidade, en resposta ás críticas realizadas polo presidente da Xunta á Marea Atlántica sobre esta actuación.


A preguntas dos xornalistas, tras informar dos asuntos aprobados en Xunta de Goberno, Ferreiro sinalou que habería que preguntar á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, "que pasa".


"Paréceme unha pouco tomadura de pelo que tenten escudar a súa falta de compromiso e incapacidade", sentenciou. Por outra banda, o rexedor coruñés indicou que a finais de agosto o Consistorio remitiu un informe á Consellería sobre o que dixo que non obtivo "resposta".


NON É IMPORTANTE PARA FEIJÓO


Ferreiro manifestou tamén que o Debate sobre o Estado da Autonomía evidenciou que A Coruña "non é importante" para a Xunta, en alusión ao discurso de Feijóo.


Aínda que asegurou que a súa axenda non lle permitiu seguir o debate, dixo que se evidenciou "a ineficacia absoluta do goberno da Xunta para resolver problemas básicos do noso país", o cal tampouco considerou "unha novidade".


relacionada O PP di que A Coruña "perde músculo" e Ferreiro critica que desprestixian a cidade
relacionada Funcionarios da Xunta culpa a Feijóo do deterioro do antigo edificio de Sanidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE