Máis de medio millón de doses de vacinas contra a gripe para afrontar esta campaña

|

Vacunaciongripevacauna


A Consellería de Sanidade distribuirá 560.000 dose da vacina antigripal no marco da campaña que desenvolverá en Galicia entre o 23 de outubro e o 29 de decembro, cuns 900 puntos vacinación habilitados en toda a comunidade.


Deste xeito, para a campaña deste ano, baixo o lema 'Deixa o virus fóra de casa. Pensa nos teus e vacínate contra a gripe', Sanidade adquire 30.000 doses máis que o ano pasado co obxectivo de incidir na prevención e mellorar os resultados do ano pasado. Para a compra das 560.000 doses contouse cun orzamento de 1.956.240 euros.


Así, en rolda de prensa, o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, explicou que os obxectivos para a campaña deste ano céntranse, sobre todo, na prevención, polo que anima á poboación a "protexerse e previr a gripe e as súas complicacións".


Por iso, puntualizou que buscan un descenso do número de casos de gripe en Galicia, así como reducir os pacientes con complicacións derivados do virus e "minimizar o impacto sobre a saúde coa prevención".


O director xeral de Saúde Pública aclarou que as vacinas antigripais "conteñen virus inactivos" polo que "non poden causar a gripe", polo que animou a "non ter medo a vacinarse".


COBERTURA


Como obxectivo desta campaña Sanidade aposta por alcanzar unha cobertura da poboación de 65 ano ou máis igual ou superior ao 65% e lograr un 40% entre os traballadores sanitarios do Sergas.


Nesta liña, o subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, lembrou que o ano pasado se rexistraron 136 falecementos relacionados coa gripe, aínda que comentou que posiblemente poderían ser entre "300 e 400" debido ao sistema de contabilizalos. A iso suma que houbo case 2.000 ingresos vinculados ao virus.


Así, indicou que Galicia está nun 56% de cobertura, por encima da media nacional (un 55%). Ademais, precisou que Lugo e Ourense presentan "mellores datos" que A Coruña e Pontevedra, xa que "nas cidades grandes as coberturas son menores".


Hervada apuntou que no hemisferio sur, onde saen do inverno, "o H3N2 foi o virus predominante". "Non esperamos que circule de maneira intensa ata Nadal", estimou, para engadir que "non se espera unha onda excesivamente intensa".


relacionada Sanidade propón incentivos para que os profesionais sanitarios se vacinen máis
relacionada Ao cumprir 65 anos, os galegos recibirán a vacina contra a pneumonía
relacionada Unha 'epidemia' de Hepatite A obriga á Xunta a vacinar adultos de grupos de risco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress