Suíza non se ofreceu a España para mediar na crise catalá, pero "está en contacto"

|

ReferendumsuizaSuíza é sfamada pola cantidade de referendos que realiza.


O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación negou este venres, a través dunha portavoz, que Suíza, afamada pola cantidade de referendos que convoca, se ofrecese a mediar entre o Goberno español e o Executivo autonómico catalán para resolver a actual crise.


Consultada por Europa Press, a portavoz desmentiu así unha información da emisora suíza RTS. Con todo, segundo esta emisora, o Departamento Federal de Asuntos Exteriores de Suíza só confirmou oficialmente que "está en contacto con ambas as partes" e lembrou que estuda todas as peticións de mediación que lle chegan e responde positivamente na medida do posible.


Pola súa banda, o vicepresidente catalán, Oriol Junqueras, optou por non confirmar nin desmentir a información, afirmando que "en todo caso irase comprobando e alguén confirmará a fonte". Tamén destacou que hai moitas persoas, entidades e grupos que se ofreceron para mediar.


relacionada Rexeitamento xeneralizado nos partidos á mediación que agora quere Puigdemont
relacionada Pedro Sánchez reclama a Rajoy abrir unha negociación "inmediata" con Puigdemont

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress