O maior dos Mossos sae da Audiencia Nacional sen medidas cautelares

|

TraperomossosaudiencianacionalTrapero, á súa chegada á Audiencia Nacional.

A Fiscalía da Audiencia Nacional non solicitou a aplicación de ningunha medida cautelar para o maior dos Mossos d'Esquadra, Jospe Lluís Trapero nin para os presidentes da ANC, Jordi Sànchez; o de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart tras as comparecencias deste venres na Audiencia Nacional.


Acudiron como investigados por un presunto delito de sedición relacionado cos incidentes durante a operación policial contra altos mandos da Generalitat pola preparación do referendo ilegal.


Fontes xurídicas explicaron que a Fiscalía da Audiencia Nacional presentou un novo informe ante a xuíz do caso, Carmen Lamela, que previsiblemente leve a unha nova citación de todos eles nos próximos días.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada O maior dos Mossos, investigado por sedición pola Audiencia Nacional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress