O TC suspende o pleno do parlamento catalán do luns a petición do PSC

|

Tctribunalconstitucional 1Sede do TC.

O Pleno do Tribunal Constitucional acordou por "urxencia excepcional" suspender o acordo do Parlament que fixa para o luns 9 de outubro a comparecencia do presidente Puigdemont para abordar os resultados do referendo.


A suspensión prodúcese a petición do PSC, que presentou un recurso de amparo, ante a previsible declaración unilateral de independencia que prepara o Goberno de Junts pel Si co apoio da CUP.


De non suspenderse a convocatoria produciríase un prexuízo "de imposible ou moi difícil reparación", segundo o TC.


Continúa lendo en Catalunyapress.


relacionada Mobilizacións en Galicia ante "a próxima proclamación da República catalá"
relacionada Rexeitamento xeneralizado nos partidos á mediación que agora quere Puigdemont

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress