Adif licita as obras do ramal provisional entre Taboadela e Ourense

Conectará a vía do AVE coa liña convencional. Leva tres meses de atraso, pero Adif asegura que se cumprirán os prazos.


|

Obrasaltavelocidadave


A execución das obras de construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia continúa o seu desenvolvemento coa publicación este xoves no Boletín Oficial do Estado da licitación da construción do ramal provisional que conectará a liña de alta velocidade en Taboadela co trazado actual para acceder a Ourense.


Este ramal, en cuxa construción se investirán 7,3 millóns de euros "permitirá a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta", destaca Adif.


En relación a outras actuacións que afectan á provincia ourensá, Adif lembra que "recentemente se informou publicamente a través do BOE do proxecto de remodelación da estación de Ourense que permitirá a chegada da Alta Velocidade á dita cidade".


A pesar de que este proxecto acumula tres meses de atraso, Adif asegura que "todas estas obras teñen un prazo de execución que permitirá cumprir os compromisos para a chegada da alta velocidade a Galicia nos prazos previstos".


relacionada Adif avanza na licitación do ramal alternativo entre Taboadela e Ourense
relacionada En Granada protestan contra a "fuga de millóns" ao marxinado AVE Galego
relacionada Fomento atrasa a chegada do AVE a Galicia ata verán de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE