O baixo caudal dos ríos, unha oportunidade para acabar cunha especie invasora

|

Ludwigiagrandiflora 1

Ludwigia grandiflora, no río Barbaña. Foto: SGHN


A Sociedade Galega de Historia Natural reclama unha nova campaña de control para tratar de erradicar a planta acuática invasora Ludwigia grandiflora do río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense.


A asociación lembra que hai un ano conseguiron que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Consellería de Medio Ambiente desenvolvese unha "campaña frutífera" contra esta planta.


Con todo, lembran que "como é habitual en plantas exóticas tan invasoras, a erradicación total foi imposible e novamente vólvense ver matas de Ludwigia grandiflora no tramo urbano do río Barbaña".


A SGHN volveu solicitar outra acción coma a do ano pasado aos responsables autonómicos, ao entender que "as circunstancias actuais son moi favorables", debido a que aínda "non forma masas continuas, o nivel de auga é moi baixo e o acceso é moi fácil".


A súa solicitude traslada a "máxima urxencia" desta acutación para evitar que a especie invasora chegue ao río Miño, "o cal faría moi difícil e custosa (se non imposible) a erradicación".


relacionada A Xunta promociona nun cartel unha especie invasora
relacionada Senra reclama no Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress