Puigdemont, o rei de Catalunya, baixo palio?


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_sharev3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102
Carmen P. Flores


Carles Puigdemont Mensaje Institucional 1Carles Puigdemont durante o seu discurso institucional.


Din que a soberbia é unha mala conselleira. Carles Puigdemont, presidente da Generalitat de Catalunya, na súa carreira cara ao precipicio "democrático" quixo mostrar a unha parte da cidadanía catalá que en Catalunya el é quen leva a coroa.


Ao día seguinte e á mesma hora do discurso do Rei quixo escenificar, coma se fose un xefe de "estado" que el está por encima do Estatuto, a Constitución e do que faga falta. Mentres di ofrecer diálogo el segue coa súa intención de proclamar a independencia o vindeiro luns. Pero non o fará desde o balcón da Praza de Sant Jaume senón desde o Parlament de Catalunya cos votos da bancada independentista para que pringuen todos e buscar esa lexitimidade parlamentaria coa que vestir de legalidade, unha vez máis, a declaración de independencia, que significa, de novo, o desacato ás leis, ás institucións e ao Estado. Isto faino invocando a liberdade, a Constitución e a democracia que el pateou en múltiples ocasións.


Mentres, a Igrexa, unha vez máis, eríxese como táboa de salvación dos que en máis dunha ocasión falaron da necesidade dun estado laico. Agora resulta que recorren a ela para que faga de mediadora entre o goberno catalán e o español. Junqueras, o vicepresidente catalán, asiduo ás misas da basílica de Montserrat vai xogar un papel importante nesta operación bendicida polo Montserrat. Verdade que isto rememora unha etapa moi dolorosa da historia recente de España? Dirá algunha cousa a CUP desta situación ou é tamén un acto patriótico?


Cando estalou a Guerra Civil, a maioría da xerarquía eclesiástica púxose de parte dos militares rebeldes e traizoou a República. Como a súa postura non foi entendida, a Igrexa xustificou o seu apoio á ditadura de Franco alegando que a Igrexa estaba a ser perseguida e que o pobo español era católico na súa inmensa maioría, polo que a resposta bélica era obrigada, xusta e necesaria. Unha situación realmente sorprendente nos tempos que corren e polos protagonistas da mesma. Será verdade que os extremos se tocan?


Se a pretensión de Puigdemont é seguir provocando, a verdade é que o conseguiu, cunha resposta que non vai gustar a ninguén e que vai pagar -neste caso si- todo o pobo de Catalunya. 


Diálogo e man tendida están a ser unha mentira maquillada por uns gobernantes que hai moito tempo que se botaron ao monte. Presidente, así non. Non se pode estar en misa e repicando.



Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_share_inferiorv3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress