Os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG enfróntanse este xoves nun debate

|

Gonzalocaballerovillosladamans


Os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada, celebran este xoves, a partir das seis da tarde, un debate na sede do partido en Santiago, na Rúa do Pino.


O encontro, segundo informa o PSdeG, estará dividido en tres bloques: modelo económico, modelo social e modelo de partido (este último con máis quendas de réplica ao tratarse dun debate para o proceso orgánico). Terá unha duración total aproximada de 40 minutos e o 'hashtag' en redes sociais será #DebatePSdeG.


Segundo indica o partido, púxose en contacto coa CRTVG para solicitarlle a cobertura e sinal do debate pero a petición foi rexeitada.


Así as cousas, a retransmisión será en directo por 'streaming' a través da páxina web primarias2017.socialistas.gal e pola páxina de Facebook do PSdeG.


relacionada Cruce de mensaxes entre Leiceaga e Villoslada sobre quen favorece máis ao PP
relacionada Leiceaga e Gonzalo Caballero unen nunha única lista as súas candidaturas ás primarias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress