A Mesa reclama a dimisión da Valedora pola súa "visión ideolóxica e sectaria" do galego

A asociación en defensa e promoción do galego anuncia que deixará de tramitar cuestións de lingua con esta institución.


|

AmesavaledoraA Mesa rompe coa Valedora. Foto: A Mesa


A Mesa pola Normalización Lingüística esixe a dimisión da Valedora do Pobo, Milagros Otero, polo que consideran "un novo desprezo por parte da responsable desta institución ante a vulneración de dereitos lingüísticos".


A Mesa critica nun comunicado que "recibiu un novo escrito da Valedora, no cal se xustifica a deturpación dos nomes de núcleos de poboación e demais topónimos cando sexa necesario e a efectos de identificación".


A asociación en defensa e promoción do galego anuncia, ademais, que deixará de tramitar cuestións de lingua con esta institución, ao entender que amparou a vulneración de dereitos ou desatendeu en numerosas ocasións as queixas trasladadas.


O presidente da Mesa Marcos Maceira argumentou que "a Valedora actúa nas cuestións relacionadas coa lingua galega cunha visión ideolóxica e sectaria" e criticou que "é capaz de retorcer a lexislación para chegar á súa conclusión prefijada a costas da súa función".


Maceira engadiu que "coa súa actitude mal pode arrogarse a nobre defensa da sociedade galega nin ser a súa defensora a quen está máis preocupada por defender o statu quo e preeminencia do castelán que aplicar a lei de forma xusta, ponderado e equilibrada". "Non pode continuar no seu cargo un minuto máis" concluíu.


relacionada As máis de 27.000 firmas da ILP da Mesa chegan ao Parlamento
relacionada A Mesa presenta un 'Black Mirror' á galega para concienciar sobre os dereitos lingüísticos
relacionada Sanidade négalle á Valedora os datos do servizo de citas telefónicas privatizado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE