Noriega chama a compensar con "viabilidade" os "desacertos" do Gaiás

|

MinutosilencioobradoiroMinuto de silencio no Obradoiro. Foto: Concello de Santiago.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, cualificou como "un episodio máis dun conxunto de erros encadeados" a condena á Xunta a pagar 2,54 millóns a FCC por sobrecustos na Cidade da Cultura.


Esta serie de "erros", ao seu xuízo, "acompañaron o proceso de construción" do complexo do Gaiás e, respecto diso, lamentou que "no fondo acaban repercutindo en 'Juan Pueblo".


"Neste caso co pago dunha cantidade importante", constatou, en resposta aos xornalistas na praza do Obradoiro, onde mantivo un minuto de silencio polos últimos casos de violencia machista.


Con todo, e ao indicar que o Concello vive "xa en feitos consumados", destacou que o que lle "interesa" ao Consistorio é "a viabilidade do espazo construído e que haxa unha conexión coa cidade", dado que "moitas veces se vive de costas".


"Agora toca garantir a conectividade e que todos os desacertos que houbo hai que tentar minoralos no día a día", abundou o rexedor.


VIAXE A ROMA


Por outra banda, sobre a visita a Roma no marco do festival 'Remover Roma con Santiago', o primeiro edil valorou a viaxe como "importante para identificar a carga simbólica de Santiago cunha cidade como é Roma".


"Dalgunha maneira", segundo resaltou, "superou" as "expectativas" do goberno municipal, cunha inauguración que "contou con moitísima xente" e serviu para facer de "altofalante" das virtudes da capital galega.


relacionada Noriega celebra que "se abre unha expectativa de ter unha gran intermodal"
relacionada Martiño Noriega asegura que o clima coa policía é "cordial"
relacionada Noriega critica que o PP usa a Xunta para a súa "precampaña eterna"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress