Enésimo caso de "pacientes atrapados" nas Urxencias do CHUS pola falta de persoal

|

UrxenciaschusCorredor de Urxencias este martes. Foto: Pacientes CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia "un novo episodio de colapso do servizo de Urxencias" este martes pola tarde.


A asociación traslada a situación vivida por I.S.L, paciente que chegou ao hospital cunha crise de ansiedade e atopouse con "23 persoas en espera de ingreso ocupando a zona de observación", un espazo que deixaba o resto de pacientes sen ningún sitio dispoñible.


Ante este relato, a afectada presentou a súa queixa ante o "Servizo de Atención ao Doente", ao verse "vítima dun trato que considero inadecuado", "ademais de ter que padecer os síntomas da miña enfermidade".


A asociación de pacientes denuncia que a xerencia "fai caso omiso dos requirimentos de medios humanos que permita a plena dispoñibilidade de camas existentes e que poña fin a esta situación que se mantén de forma indefinida e á marxe de momentos puntuais de demanda".


Así, lamentan que hai "innumerables pacientes que se ven atrapados" nas urxencias "en condicións inaceptables".


Rematan o seu comunicado criticando que no servizo de Urxencias do CHUS, "con pleno coñecemento e consciencia, está a producirse por parte dos responsables sanitarios do complexo hospitalario un quebrantamento sistemático da lei e os dereitos que se recoñecen aos pacientes".


relacionada O Sergas mantén camas pechadas nos hospitais de Pontevedra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress