O Celta perde a Hugo Mallo tres semanas, aínda que pode ser só un partido

|

Hugomallobalaidos


As probas ás que os servicis médicos do Celta someteron a Hugo Mallo confirman a rotura muscular de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda.


Aínda que nun primeiro momento se prevía que a recuperación duraría un mes, o diagnóstico final contempla que o capitán estará apartado dos terreos de xogo tres semanas.


Hugo Mallo tivo que pedir o cambio durante o partido de Liga contra o Xetafe, que o Celta rematou empatando.


O lateral perderá, por tanto, o encontro contra Las Palmas do luns 16, pero podería chegar ao que o conxunto celeste disputa contra o Atlético o domingo 22 se apura os prazos da recuperación e os médicos lle dan a alta.


relacionada Unzué queda con poucos efectivos polos compromisos coas seleccións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress