A maquinaria pesada entra "a saco" a tallar árbores nunha fraga en Vilasantar

Os ecoloxistas esixen que se pare tal "agresión ambiental" e se elabore un novo proxecto de concentración parcelaria.


|

TalavilasantarexcavadoraMaquinaria pesada no lugar. Foto: Arco Iris


A Asociación Ecoloxista Arco Iris esixiu a paralización da talla que a empresa Tragsa realiza na Fraga de Mende, un dos "bosques autóctonos máis importantes" do municipio coruñés de Vilasantar.


Nun comunicado, Arco Iris destacou que esta talla forma parte dos traballos incluídos na concentración parcelaria na zona e que, segundo indica, "é rexeitada por moitos veciños por mor do seu severo impacto ambiental".


Talavilasantargc

"Tragsa xa procedeu a entrar a saco na Fraga, con maquinaria pesada por medio da construción dalgunhas pistas e a derriba dunha cifra aínda por determinar de frondosas", critica a asociación ecoloxista.


Por todo iso, Arcos Iris pediu á Consellería do Medio Rural que proceda á "inmediata paralización" da mesma e a "elaboración dun novo proxecto de ordenación" na zona.


Ademais, a asociación lembrou que Vilasantar é un dos municipios que ingresou o pasado mes de marzo na Reserva da Biosfera das Mariñas, xunto a Laracha, Carballo, Cerceda e Mesía. "É de lamentar que mentres se tenta ofrecer unha imaxe idílica da dita reserva, nos seus municipios integrantes se perpetren agresións ambientais do calibre do agora denunciado", sinalou.


relacionada Contra o eucalipto e os incendios forestais, frondosas e árbores froiteiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE