Psicólogos nos xulgados para atender as vítimas do machismo

|

Niunamenosmachismo


Os xulgados da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo dispoñerán de psicólogos para a atención ás vítimas, en virtude do novo modelo de oficinas de atención ás vítimas presentado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.


O acto, celebrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), contou tamén coa asistencia do presidente da Sala do Contencioso do alto tribunal galego, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e da decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez.


Sobre esta atención, que comezará xa neste último trimestre do ano, Rueda indicou que se trata de "dar un paso máis" na atención ás vítimas, en especial ás de violencia machista. "Por obrigación legal, pero tamén por convencemento para dotar dunha xustiza de calidade", dixo.


LEI DE VIOLENCIA DE XÉNERO


Tanto Rueda como o fiscal superior de Galicia explicaron que a intención é estender este servizo a outros partidos xudiciais. "É un paso máis na protección e o amparo ás vítimas", coincidiu Suanzes.


Mentres, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembrou que a Lei Integral de Violencia de Xénero xa recollía incluír a este "persoal cualificado".


relacionada Terceira detención dun home nos últimos días por violencia machista
relacionada O BNG repróchalle á Xunta falta de compromiso contra a violencia machista
relacionada Duplícase o número de mulleres con algunha medida de protección por violencia machista
relacionada Aumentan un 16% as denuncias por violencia machista en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress