Pedro Sánchez reclama a Rajoy abrir unha negociación "inmediata" con Puigdemont

|

Sanchezrajoymoncloa 1

Pedro Sánchez e Rajoy discutiron durante hora e media.


O líder do PSOE urxiu este luns a Rajoy que abra unha negociación "inmediata" co president da Generalitat e pediulle que conte tamén con Unidos Podemos á hora de buscar co resto de forzas políticas unha solución para a crise institucional en Cataluña.


Estes son dúas das principais mensaxes que Sánchez trasladou ao presidente do Goberno no encontro que ambos mantiveron no Palacio da Moncloa por espazo de hora e media, segundo informou a formación nun comunicado.


Sánchez reclamou a Rajoy emprender este diálogo "con ambición e sen exclusións" abríndoo a todas as formacións e afrontándoo cunha perspectiva que supere a dialéctica de bloques. Os socialistas queixáronse en numerosas ocasións de que o PP só busque o apoio de PSOE e Ciudadanos para actuar en Cataluña.


Como avanzou o domingo Sánchez nunha comparecencia ante a prensa, o dirixente socialista trasladou a Rajoy o seu rexeitamento polas cargas policiais que deixaron un balance de centos de feridos.


O Grupo Parlamentario Socialista esixirá explicacións e responsabilidades ao Goberno nun formato e cun contido que se concretará nas próximas horas, precisa a nota de prensa.


PROPOSTA POLÍTICA E TC


O PP, en cambio, descartou este luns unha negociación con Puigdemont, a non ser que o president volva á legalidade vixente do Estatut e a Constitución.


Antes da reunión entre Sánchez e Rajoy, o secretario de Política Federal do PSOE pediu ao Goberno que actúe con "intelixencia" fronte ao órdago soberanista en Cataluña e faga unha "proposta política" á Generalitat.


Se o Parlament se atreve finalmente a declarar a independencia, o PSOE inclínase por recorrer ao Tribunal Constitucional para cesar no cargo os responsables desa declaración, en lugar de aplicar o artigo 155 da Constitución.


"POLA UNIDADE"


Rajoy, pola súa banda, defendeu a unidade dos partidos constitucionalistas e a defensa do Estado Dereito ante a crise aberta en Cataluña, como na súa declaración institucional do domingo.


"Pola unidade e a defensa do Estado de Dereito", escribiu o propio Rajoy na súa conta de Twitter (coas súas iniciais MR), unha mensaxe que acompañou dunha foto na que aparece co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, durante o encontro.


RIVERA QUERE ELECCIÓNS


O xefe do Executivo tamén se reuniu co presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, que esta mañá xa anticipou a súa proposta de que o Executivo aplique o artigo 155 da Constitución, pero para convocar eleccións autonómicas en Cataluña.


relacionada Bruxelas reprende a España porque "a violencia nunca pode ser instrumento en política"
relacionada Rajoy discute co PP, Sánchez e Rivera o escenario político que enfronta España
relacionada Só os cargos do PP apoian desde Galicia a actuación policial en Cataluña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress