Os sindicatos e Inditex lembran o compromiso da empresa coas condicións laborais

|

FabricabangladeshFábrica téxtil en Bangladesh.

Inditex, IndustriaLL, CCOO de Industria e a Federación de Industria, Construción e Agro UGT (UGT FICA) celebran este mércores os dez anos do acordo subscrito entre o xigante téxtil e o sindicato internacional para tratar de mellorar as condicións laborais dun millón e medio de persoas.


O acordo marco global de Inditex e IndustriALL, subscrito en outubro de 2007, supuxo, segundo destacan os sindicatos UGT e CCOO, un "fito importante" para a industria e unha "oportunidade real" para melloras laborais do millón e medio de persoas que traballan nas 7.000 fábricas que producen para a multinacional española en todo o mundo.


Para facer balance do que ocorreu nesta década, a empresa e o sindicato internacional organizaron este mércores un acto en Madrid ao que asistirá o presidente de Inditex, Pablo Isla, o secretario xeral de IndustriALL e a subdirectora da oficina que a Organización Internacional do Traballo (OIT) ten en España.


relacionada Inditex inviste 57 millóns en crear unha plataforma loxística téxtil na Laracha
relacionada Abre en Madrid unha tenda for&from, o outlet de Inditex máis grande de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress