Activada a alerta por seca en media Galicia, sen "efectos inmediatos sobre a cidadanía"

Son "as que levan máis meses afastadas da normalidade" e "presentan un déficit de caudal todas elas por baixo do 50%".


|

ReunionaugasO abastecemento "segue garantido".

A oficina técnica da seca --que constitúen diversos organismos da Xunta-- acordou este luns recomendar a declaración da alerta por seca en seis zonas da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, que fará efectiva Augas de Galicia en próximas horas.


Os seis sistemas afectados son os que afectan a: os ríos Verdugo, Lagares e Baíña; ríos de Oia e O Rosal, que verten á costa atlántica; río Castro; río Xallas e Cee; río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña; así como os ríos Mendo e Mandeo e os que desembocan á ría de Betanzos.


En rolda de prensa, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, informou de que estas seis zonas son "as que levan máis meses afastadas da normalidade" e "presentan un déficit de caudal todas elas por baixo do 50%". Con todo, deixa claro que o uso prioritario de abastecemento da poboación "segue garantido" e "non terá ningún efecto inmediato sobre a cidadanía".


Ademais destas seis zonas, o director de Augas avisa de que "hai que prestar especial atención ao sistema do río Lérez", que nos dous últimos meses está "nunha pendente de afastamento da normalidade", aínda que "non tan persistente no tempo" como para declarar por agora a alerta. Tamén, a situación dos ríos Tambre e Ulla "non empeoran", pero afluyentes comezan a ter complicacións --como o río Furelos--.


relacionada A mesa da seca declara este luns a alerta en varias zonas de Galicia
relacionada Unha gandeira de Viana denuncia por carta o abandono da montaña oriental ourensá
relacionada Seis zonas de Galicia teñen un "risco real" entrar en alerta por seca en outubro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE