Leiceaga e Gonzalo Caballero unen nunha única lista as súas candidaturas ás primarias

|

Leiceagagonzalocaballero


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o ex concelleiro vigués Gonzalo Caballero asinaron un acordo que se pechou este domingo pola tarde para concorrer de maneira conxunta ás primarias do PSdeG, que terán lugar o vindeiro domingo 8 de outubro.


En concreto, será Gonzalo Caballero o que figure nas papeletas fronte ao terceiro aspirante, Juan Díaz Villoslada, na votación do día próximo día 8, tal e como precisaron a Europa Press as contornas de Caballero e Leiceaga.


A partir de aí, de resultar vencedora esta candidatura, coa vista posta no congreso de finais de outubro, formarán un tándem para liderar o PSdeG, co vigués como secretario xeral e o noiés como portavoz parlamentario.


O acordo entre ambos, do que Villoslada xa expresara en reiteradas ocasións o seu temor, materializouse na tarde deste domingo, en parte pola constatación dos equipos de Gonzalo Caballero e Leiceaga de que o sector oficial do PSOE de Vigo apoiaría o deputado ourensán afincado na Coruña.


Ante o pacto, Villoslada criticou a "incoherencia e falta de credibilidade dos que falan de nova política e de darlle o poder ás bases e acaban pactando nun despacho de costas á militancia".


"Esta é precisamente a vella política que a militancia desterrou no último Congreso Federal, e algúns parece que non aprenderon nada", asegura Villoslada nun comunicado. "Esta noticia dame máis forza e refrenda a necesidade da miña candidatura para abrir un tempo novo, porque eu me presento precisamente para acabar con estas prácticas do pasado, e estou seguro de que é o que a militancia quere".


relacionada Villoslada critica "vellas prácticas" de "pactos e repartos de cadeiras" dos seus rivais
relacionada Os tres candidatos a liderar o PSdeG móstranse optimistas no arranque oficial da campaña
relacionada Villoslada rexeita pactos con outros candidatos e Leiceaga reitera o seu ofrecemento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress