Localizado en bo estado un militar de Narón desaparecido o xoves

|


Desaparecidonaron


O militar de Narón desaparecido o xoves, Adán Hernández, foi localizado este domingo pola mañá en bo estado na parroquia de Megalofes, en Fene.


Diso deron conta fontes próximas á investigación, que explicaron que este veciño de Narón de 31 anos de idade foi achado minutos antes do mediodía pola Garda Civil.


O home --natural de San Fernando (Cádiz) e residente na Gándara, en Narón-- desapareceu o xoves tras recoller a súa filla no colexio.


Na procura deste militar, que ultimamente se atopaba de baixa por depresión, participaron familiares e veciños, así como efectivos policiais.


Adán Hernández foi trasladado ao Servizo de Urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress