Representantes de En Marea, Anova e BNG viaxaron a Cataluña para seguir a xornada

Critican "a utilización das forzas de seguridade para impedir a celebración do referendo".


|

Votacionurnareferendum


Representantes de En Marea, Anova e do BNG atópanse en Cataluña para facer un seguimento 'in situ' do desenvolvemento do referendo suspendido polo TC.


Deste xeito, por parte de En Marea está desprazado o deputado Davide Rodríguez e a integrante do coordinadora Consuelo Martínez. Ambos seguen a consulta despois de que o Consello das Mareas aprobase a postura do partido instrumental, que defende o "dereito a decidir" do pobo catalán e apoia a convocatoria.


Tamén está en Barcelona unha delegación de Anova encabezada polo seu portavoz nacional, Antón Sánchez, para contribuír coa súa presenza "á suspensión do actual Estado de excepción que o Executivo de Mariano Rajoy está a impoñer" a través da "supresión de boa parte das competencias o autogoberno catalán e a utilización das forzas de seguridade para impedir a celebración do referendo".


Alexandra Fernández e Antón Sánchez participaron o sábado nun acto a favor do referendo.



Ademais, tamén viaxou á Comunidade catalá a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e militante de Anova, Lídia Senra, como parte dunha delegación parlamentaria internacional.


PRESENZA DO BNG


Pola súa banda, os membros da Executiva Nacional do BNG Ana Miranda, Rubén Cela, Montse Prado e Eva Vilaverde forman a representación do Bloque Nacionalista Galego que segue 'in situ' o desenvolvemento da consulta.



"Agardamos que sexa unha festa participativa, que se celebre con toda a normalidade e que o pobo catalán, en definitiva, se poida expresar como é natural en calquera democracia", manifestou o venres o secretario de Comunicación do Bloque, Xavier Campos, nunha rolda de prensa.


E é que para os nacionalistas galegos "hai tempo que a convocatoria do 1-O deixou de ser unha cuestión de independencia si ou independencia non para pasar a ser unha defensa da democracia".


relacionada O Goberno defende a "proporcionalidade" da Policía e sinala a Puigdemont
relacionada Centos de feridos durante as cargas policiais para desmantelar a votación ilegal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE