Pepe Mel: "Esta semana non ten nada bo"

O adestrador reclama toda a presión para si mesmo e sabe que aínda que gañe seguirá "tocado".


|

PepemelpensativoPepe Mel, en Abegondo. Foto: RC Deportivo

Consciente de que o seu sitio no banco do Dépor está seriamente cuestionado, Pepe Mel asume a súa situación e aposta por sumar vitorias como única forma de "chegar a maio".


O adestrador deportivista púxose este venres aos micrófonos de Abegondo para recoñecer que aínda que "sempre hai que buscar cousas boas no malo", para el "esta semana non ten nada bo".


Pepe Mel reclama para si toda a presión, porque se considera "o máximo responsable". "Entendo as regras do fútbol e do meu traballo, que levan a todos os adestradores a vivir do resultado", declarou.


Por iso, manifestou que "só teño un obxectivo que é gañar ao Xetafe". E aínda así, é consciente de que aínda conseguindo unha xeira de vitorias, estará cuestionado un tempo. "Se gañamos, volvereina xogar contra o Eibar. Cando un adestrador está nesta situación, queda bastante tocado. Vai ser continuo. Se teño a sorte de que sae ben, a maior ilusión do mundo sería chegar a maio", razoou.


Tamén desexou que a súa situación non afecte ao rendemento dos xogadores. "Temos que centrarnos nas cousas que facemos ben e sobre todo mellorar as malas, que son as que nos matan. O aspecto mental ten que quedar nun segundo plano, son máis aspectos tácticos e erros que nos están facendo dano", explicou.


Ante un rival como o Xetafe, ao que di coñecer ben e ter estudado, non considera "que sexa o momento de facer tolerías". "Se o adestrador fixese cousas que non fixo desde pretemporada, esa mensaxe como home de fútbol non me gustaría", afirmou, poñéndose no lugar dos xogadores.


relacionada A Pepe Mel non lle basta só a vitoria para seguir no banco do Dépor
relacionada Pantilimon defende a Pepe Mel: "É bo para nós que continúe"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE