Agredido un mozo de Ourense por ter a bandeira española no seu perfil de Instagram

A policía detivo os dous acusados pola agresión, que pertenecena a unha peña futbolística de ideoloxía antifascista.


|

BanderaespanholagiganteOs presuntos agresores son dunha peña de ideoloxía antifascista.

A Policía Nacional detivo dous mozos de Ourense acusados de agredir a outra persoa que exhibía a bandeira de España como foto de perfil na súa conta da rede social Instagram, segundo informou a Comisaría de Ourense.


Os detidos, aos que se lle imputa un delito de lesións motivado por ideoloxía, son dous mozos de 18 e 22 anos de idade naturais de Ourense e a República Dominica que presuntamente pertencen á peña futbolística 'Ouligans' que, como apunta a Policía, defenden ideoloxía antifascista. Ambos carecen de antecedentes penais e foron postos en liberdade.


Os feitos tiveron lugar na madrugada do 17 de setembro na Praza das Mercedes ao redor das 05,30 horas da madrugada. Na súa denuncia, a vítima relata que se atopaba xunto a un amigo cando se lles achegou un individuo encapuchado que lle lanzou unha puñada.


Tras esquivar o primeiro golpe, outros dous individuos coa cara tapada aproxímanselle e conseguen agrediloe mentres, segundo o relato da Policía, proferían berros de "facha de merda" e proclamaban que "o andaban buscando desde había tempo porque tiña a bandeira de España no seu perfil de Instagram".


Así, unha vez presentada a denuncia, os axentes da Policía Nacional iniciaron unha investigación que conclúe coa identificación e posterior detención os días 19 e 20 de setembro dos presuntos autores da agresión.


Segundo a Policía, os detidos son "activos nas redes sociais que aproveitan a noite e os lugares de lecer para buscar e agredir a mozos de ideoloxía contraria".


A Comisaría de Ourense continúa a investigación para identificar o resto dos membros deste grupo e non descartan que se produzan novas detencións por feitos similares.


relacionada A bandeira española, a estelada e as etiquetas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE