A comisión de investigación do Alvia sae adiante a pesar do rexeitamento do PP

A proposta conseguiu 208 votos a favor e 135 votos en contra, os do PP e os seus socios electorais de UPN e Foro Asturias.


|

Angroisfloresalvia

Flores na Grandeira.


O Pleno da Cámara Baixa aprobou este xoves iniciar os trámites para a creación dunha comisión de investigación do accidente do Alvia en Angrois, nunha proposta acordada entre En Marea e o PSOE.


A proposta conseguiu 208 votos a favor fronte a 135 votos en contra, sen que se rexistrasen abstencións. Isto supón que todos os grupos do Congreso apoiaron a comisión salvo o PP e os seus socios electorais de UPN e Foro Asturias.


A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, lembrou que sae adiante "despois de tres intentos, con veto incluído", e reprochou ao PP non escoitar nin atender a demanda das vítimas ao longo destes catro anos.


Alexandra Fernández sinalou que foi en Europa onde as vítimas atoparon o recoñecemento "que se lles negou no estado español". "Tiveron que ir a Bruxelas para expor algo tan básico como ser atendidas e poder expresarse". Fernández aludiu á posición da Comisión Europea e o Informe da Axencia Ferroviaria Europea que piden que se faga unha nova investigación porque a da CIAF non foi independente.


Fernández interpelou directamente ao PP: "Queren coñecer as causas do accidente e corrixir os fallos tal e como demanda Europa ou van seguir coa estratexia do silenciamento?".


CAMBIO DE POSTURA DO PSOE


Pola súa banda, Pilar Cancela, manifestou a "solidariedade do PSOE coas vítimas", e explicou que o seu grupo se opuxo inicialmente a unha comisión de investigación parlamentaria porque "entendemos que o ámbito xudicial tiña as competencias para investigalo".


A socialista engadiu que formular comisións de investigación "engadiría ruído ao labor xudicial". Con todo, Cancela sinalou que se produciron "novidades" sobre todo "no ámbito xurídico", explicando o cambio de postura do seu partido.


Cancela fixo referencia ás sentenzas xudiciais que afirman que "existía un risco excesivo na curva" que debía "corrixirse" e á posición da Unión Europea que asegurou que "non se investigou apropiadamente".


relacionada PSOE e En Marea chegan a un acordo de mínimos sobre a comisión do accidente do Alvia
relacionada Bruxelas ameaza con tomar medidas se España non investiga a fondo o accidente de Angrois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE