A FIFA e a UEFA evitan mollarse contra a evasión de impostos dos futbolistas

Dous representantes esquivan as preguntas sobre 'xogo limpo' fiscal nunha comparecencia na Eurocámara.


|

Balonfutbolestrellas


Representantes da UEFA e da FIFA evitaron criticar publicamente este martes a futbolistas como Cristiano Ronaldo ou Lionel Messi por casos de evasión fiscal durante a súa intervención ante a comisión de investigación dos 'papeis de Panamá' do Parlamento Europeo.


En concreto, a responsable de traspasos mundiais da FIFA, Kimberly Morris e o asesor legal da UEFA, Julien Zylberstein, esquivaron as preguntas formuladas por eurodeputados como o socialdemócrata alemán, Jeppe Kofod.


"Estades a favor do xogo limpo, non deberiades tamén estar a favor dos impostos xustos?", preguntou Kofod, unha interpelación que foi esquivada tantpo por Morris, aducindo que é unha cuestión que corresponde ás autoridades fiscais, como por Zylberstein.


"Cremos que a evasión fiscal é unha clara ameaza aos valores sociais do fútbol, ao marco regulatorio e á integridade do xogo. Dito isto, depende das autoridades legais", explicou, na mesma liña, o representante da UEFA, segundo informou a Eurocámara nun comunicado.


O presidente da comisión de investigación, o conservador alemán Werner Langer, describiu as respostas da FIFA e da UEFA como "non completamente satisfactorias", mentres que outros como o liberal belga Louis Michel, acusou a ambos representantes de ser "un magnífico exemplo de dobre discurso".


Pola súa banda, o xornalista Merijn Rengers, que forma parte do consorcio que destapou os detalles da filtración coñecida como 'Football Leaks', afirmou que o desexo de evasión fiscal é "epidémico" no mundo do fútbol.


"Todo o mundo utiliza asesores fiscais para evadir impostos", sinalou este xornalista, que explicou ademais que esta actitude envolve os grandes clubs, xogadores e axentes.


relacionada A evasión fiscal, "un buraco negro que os políticos seguen sen querer taponar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE